Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Lourenzá felicita ao equipo feminino infantil de patinaxe das Escolas Deportivas Municipais por proclamarse subcampión provincial

Lourenzá, 3 de xuño de 2016.- O Concello de Lourenzá felicita ao equipo feminino infantil de patinaxe das escolas deportivas municipais por proclamarse subcampión provincial.

A Concellería de Deportes de Lourenzá quere dar os parabéns e felicitar ás integrantes do equipo feminino infantil de patinaxe das escolas deportivas municipais así como a súa monitora, Tania Irimia, polo seu recente éxito en Xove, onde se proclamaron subcampioas provinciais desta disciplina.

O Concello seguirá apostando polo deporte en Lourenzá e, en concreto, por estas rapazas para que sigan demostrando o seu bo facer sobre os patíns.

Exit mobile version