Site icon Crónica3.com A Mariña

O Consorcio reclama ao Concello de Alfoz o pago dunha parte da obra de construcción da Escola Infantil

escola infantil de alfozAlfoz, 23 de xuño de 2016.- O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar ben de requirir ao Concello de Alfoz o pago da achega comprometida segundo o convenio para a construción da Escola Infantil de Alfoz, asinado en 2011.

Segundo se estipulaba no convenio, o Consorcio achegaría o 95% do custe total e o Concello o 5%, correspondente ao custe estimado do proxecto básico e de execución.

Segundo o comunicado do Consorcio, trátase do segundo requirimento xa que, no ano 2013 xa lle fora comunicado ao concello esta circunstancia.

Ao non terse producido o abono, o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar solicita ao Concello de Alfoz o pagamento da cantidade que lle corresponde asumir segundo o convenio e que ascende a 20.151,22 €.

Desde o goberno municipal móstranse sorprendidos con este requirimento pois en ningún momento foran informados polos servizos do concello nin polo goberno anterior da existencia desta débeda, nin dos compromisos adquiridos polo citado convenio. Por outra parte non entenden como se pode asinar un convenio sen ter consignación orzamentaria para o seu cumprimento, xa que esta partida foi esquecida nos sucesivos presupostos municipais, ocultando a falta de pagamento da mesma, o que incrementa a débeda real do concello, herdada das últimas lexislaturas, que ascende a preto de 300.000 €.

Para proceder ao abono da cantidade adebedada, o Concello de Alfoz ten previsto poñerse en contacto co Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para comprobar a liquidación practicada e negociar as datas de pagamento.

Exit mobile version