Site icon Crónica3.com A Mariña

O equipo de automovilismo ribadense Sobre Rodas Competición participou na XIX Subida A Pontevedra, acadando o segundo posto do grupo SCC

PO_10329Ribadeo, 29 de xuño de 2016.- O equipo de automovilismo ribadense Sobre Rodas Competición co seu piloto Iván Lindín a fronte, participou esta pasada fin de semana na XIX Subida A Pontevedra, acadando o segundo posto do grupo SCC. Lindín, único piloto en competición en Galicia na actualidade con discapacidade física severa, sufre una paraplexia que o obrida a depender dunha cadeira de rodas, chegaba a esta carreira como líder do campeonato galego de montaña no grupo SCC.

Estas foron as suas impresiós despois da carreira: “De entrada o trazado non favorece nada ó meu coche, é un trazado moi técnico, estreito e complicado, que precisa dunha boa aceleración, o meu coche funciona mellor en trazados rápidos, donde a velocidade prima sobre a aceleración.

O calor foi outra das constantes da proba, con temperaturas rondando nos 30º, isto sempre da quebradeiros de cabeza cas presións dos neumáticos e co rendimento dos motores.

Outra das constantes da proba, foron os continuos paróns e retrasos por mor de saidas de pista, una proba bastante accidentada.

Chegamos aquí lideres do grupo, non sei exactamente os puntos que me otorga este segundo posto, creo que seguirei primeiro empatado con Juan Lamela e de non ser así, seréi segundo a poucos puntos del. A próxima e a Subida a Chantada, temos evolucións para o coche que non sei si poderemos montar, o presuposto e mínimo e precisamos xa outro xogo de neumáticos, polo que haberá que evaluar e ver o que mais convén. De todas formas, se non conseguimos axudas ou patrocinadores, vexo difícil que poidamos continualo campeonato, despois de Chantada falareino ca miña xente e tomaremos una decisión.

No capítulo de agradecementos, sempre a miña xente, as miñas mulleres que rinden nunha asistencia coma o mellor dos equipos, a eses amigos que nos votan una man da maneira que sexa, PTC Escola, Corpos Fisioterápia-Fisioestética, Congelados Egea, Apartamentos rurais San Xillao…. a todos eles moitas gracias! pero esta vez, quero agracer de forma personal e no nome do meu equipo, a axuda prestada pola asistenza de Juan Lamela e o propio Juan, en todo momento pendentes de nos, polo mesmo motivo ,a xente da escudería O Convento, en todo momento dispostos a votar una man, e teño que agradecer de forma especial o trato recibido por parte da escudería Cidade de Pontevedra, de verdade que nos fixestedes sentir coma na casa, moitas gracias a todos!!!”

A próxima proba e a mítica subida a Chantada, decana deste tipo de probas en Galicia celebrando este ano a sua 43ª edición, como ben di Iván, estaremos en Chantada, pero a partir de ahí, ou conseguimos algún patrocinador ou case con seguridade abandonarémolo campeonato.

Exit mobile version