Site icon Crónica3.com A Mariña

O GMP asegura que “non hai informes que avalen a ubicación da noria na Praza do Concello”

Burela, a 1 de xño de 2016.- O Grupo Municipal Popular (GMP) do concello de Burela asegura que “o goberno municipal do PSOE non está actuando como debería para tentar garantir a maior seguriade posible en relación coa instalación da noria na Praza do Concello, xa que no concello non hai ningún escrito de ningún técnico municipal que avale a colocación da noria nese lugar, algo que desde o GMP entendemos imprescindible dada a propia fisonomía da plaza, con inclinación hacia o cruce Pardo Bazán/Eijo Garay; dada a xeotecnia da mesma, formada con material de recheo, e dada tamén a proximidade das casas, tendo en conta o tamaño e o peso considerables da estructura da noria. Eso lévanos a pensar que desde o goberno municipal non se están adoptando todas as medidas de seguridade posibles, a pesares de que non dubidamos das condicións da estructura, e sabendo que a seguridade absoluta non existe”.

Os populares consideran que “a noria é un gran reclamo para as festas patronáis, e seguramente a empresa conta con experiencia acreditada, pero eso non debe ser motivo para que o concello se relaxe no cumprimento das funcións que lle son propias”.

“Nós, engaden, non pretendemos crear ningún tipo de alarma, pero estas cousas están na rúa e son comentadas entre os veciños, polo que a nosa obriga debe ser dar luz sobre as mesmas. Por eso pedimos por escrito toda a documentación obrante no concello referida á instalación da esctructura da noria, e por eso trasladamos a información que temos á opinión pública”.

Desde o GMP aseguran que “o que se nos facilitou foron copias do seguro, da alta en Hacienda, un certificado de mantemento, datos da empresa relacionados coa Seguridade Social, e un seguro de responsabilidade civil. Pero non hai nin planos da estructura, nin proxecto de instalación, nin protocolo de evacuación ou de emerxencias, e por suposto non hai ningún informe municipal que avale a instalación da noria na praza”.

Desde o GMP entenden que “o goberno municipal tén a obriga de verificar que a estructura da noria instalada na Praza do Concello conta con todas as medidas de seguridade posibles, xa non propias (que damos por feito que a estrucutra ás debería ter), senón daquelas derivadas do lugar de instalación, instalación que entendemos debería estar avalada por informes técnicos municipais”.

Os populares indican que “segundo as nosas informacións, estas estructuras colócanse en lugares alonxados de edifiacións. No caso de Burela, púidose colocar no porto ou noutro lugar alternativo”.

Ademáis, no GMP indican que “todo apunta a que o concello, ou a comisión de festas, terían abonado unha certa cantidade de cartos para que a noria teña vido a Burela. De esta circunstancia tamén pedimos información, pero non se nos deu ningunha copia de nada e tampouco se nega que ese ou eses pagos se efectuasen”.

Os populares indican que “non se lembra que ningunha atracción festiva non musical teña cobrado nada por instalarse durante as festas de Burela, máis ben o contrario, e por eso confiamos que este non sexa o primeiro ano que esto acontece, como tamén é o primeiro ano que houbo que pagar por asistir a unha actuación de unha atracción musical das nosas festas patronais”.

Desde o GMP reiteran que “a nosa intención é dar luz sobre estes dous asuntos que están na rúa con moita insistencia e que ocupan e preocupan ós cidadanos, bastante máis do que alguén podería pensar”.

Exit mobile version