Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela asegura que “os socialistas non queren que se amplíe o hospital”

Burela, a 29 de xuño de 2016.­ O Grupo Municipal Popular de Burela aseguraba este mércores que “os socialistas non queren que se amplíe o Hospital da Costa, ubicado no noso concello. Se hasta agora sempre dixeron que se iba desmantelar, que se iba levar todo para Lugo, se ignoraron os novos servicios que se puxeron en marcha, agora resulta que desde o goberno local do concello de Burela semella que prefiren que o Hospital siga como está a que se amplíe, e ocultan toda a información ó respecto, como que a empresa xa solicitou a concesión de licencia e que, como non había ningún obstáculo nin legal nin urbanístico, houbo que concederlla”.

Os populares fan esta afirmación logo de comprobar que o concello de Burela non vai bonificar a licencia de obra co desconto que lle corresponde por ser de interés social, xa que, según eles, “a ampliación do Hospital da Costa queda fora do ámbito exclusivamente municipal, xa que logo, trátase dunhas instalacións que superan dito ámbito por seren o seus destinatarios residentes no ámbito comarcal ou supramunicipal”.

“A nós, indican os populares, só nos cabe pensar que os motivos reales están no afán recaudatorio. Se cobran toda a licencia de obra, cobran algo máis de 10.000’00; se fan a bonificación, sólo cobrarían algo máis de 78.000’00€; deste xeito, terían máis cartos para orquestas e festas, que é en donde realmente gastan os cartos”.

Para o Grupo Municipal Popular, “xustificarse decindo que os impostos corren a cargo do adxudicatario non é de recibo. Hai que lembrarlle ó alcalde e ó PSOE que co goberno municipal do PP concedeuse a bonificación para a construcción da nova escola infantil, e o goberno do PSOE, a pouco de chegar ó concello, e por unanimidade, concedeu a bonificación á ampliación do IES Perdouro, un centro que supera o ámbito municipal e tén un ámbito comarcal, como acontece co Hospital”.

Os populares consideran “políticamente impresentable ó alcalde e ó seu equipo, por poñer trabas á ampliación do Hospital, máxime cando, como decimos, todas as peticións de bonificación de licencia de obra por motivos sociais teñen sido concedidas. Quere o alcalde unha obra con maís motivos sociáis ca ampliación do Hospital?”.

Finalmente, o GMP afirma que “ó goberno local non lle quedou máis remedio que conceder a licencia de obra para a ampliación, que foi solicitada a principios deste mes, xa que cumple con todos os requisitos legales e cumple co Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Burela, PXOM que foi aprobado no goberno municipal do PP, por certo cos votos en contra do PSOE e do BNG”.

Exit mobile version