Site icon Crónica3.com A Mariña

O Grupo Municipal do PP de Lourenzá logra o compromiso do Goberno local de darlle unha solución á problemática dos animais domésticos abandonados

Lourenzá, 2 de xuño de 2016.- O Grupo Municipal do Partido Popular de Lourenzá logra o compromiso do equipo de Goberno da localidade de darlle unha solución á problemática dos animais domésticos abandonados no municipio. En concreto, os populares resaltan que chegaron a un acordo entre as diferentes forzas políticas en pleno para que, tan pronto haxa dispoñibilidade orzamentaria, o Concello asine un convenio cunha protectora de animais para que se faga cargo dos cans ou gatos abandonados.

Os populares dan a benvida a este decisión e aseguran que se trata dunha demanda dos veciños, dado a que se están a dar varios casos de abandono de animais no municipio sendo o Concello, por imperativo legal, o que ten a obriga de facerse cargo dos animais abandonados ou extraviados.

Polo tanto, os populares lembran que instaron ao equipo de Goberno a través do rexistro dunha moción e posterior debate no Pleno a que adoptasen medidas dirixidas a darlle unha solución a esta problemática. En concreto, os populares a través da súa iniciativa solicitaban que o Concello asine un convenio cunha protectora de animais que opere na zona a fin de garantir a recollida e posterior recuperación física e psicolóxica destes animais abandonados para a súa posterior inserción social como mascotas de compañía, maioritariamente a través da adopción.

Exit mobile version