Site icon Crónica3.com A Mariña

O Grupo Provincial do PP consegue que a Deputación habilite mecanismos de axuda aos concellos para a elaboración dos seus plans de emerxencia municipais

Lugo, 28 de xuño de 2016.- Os populares sacaron adiante tamén por unanimidade unha iniciativa para que a Deputación Provincial colabore na elaboración e execución dos plans de emerxencia municipais dos concellos.

A voceira do PP, Elena Candia, salientou a importancia desta iniciativa, pois apuntou que “a realidade da nosa provincia non é outra que a maioría dos concellos que a conforman son pequenos e medianos municipios, e moitos deles non teñen nin a capacidade técnica nin financeira suficiente para poder afrontar a elaboración do seu plan de emerxencia municipal correspondente”.

Candia precisou que “a Lei 5/2007 de 7 de maio de emerxencias de Galicia define con claridade o papel de cada un dos axentes implicados en protección civil e emerxencias e, fundamentalmente, das administracións públicas con competencias na materia”. Deste xeito, os concellos son os encargados de elaborar e aprobar o plan de emerxencia municipal, os plans de actuacións municipais e, xeral, calquera outros instrumentos de planificación de protección civil no ámbito municipal”. A popular indicou tamén que “o artigo 26 b) establece que é competencia das Deputacións Provinciais facilitar a asistencia técnica e financeira aos municipios da provincia para a elaboración e execución dos plans de emerxencia”.

A popular indicou que “consideramos necesario que a Deputación Provincial de Lugo habilite mecanismos de axuda aos concellos que o precisen para a elaboración dos seus plans de emerxencias municipais, tendo en conta que a propia Lei de Emerxencias de Galicia o contempla”. Candia precisou que é de vital importancia esta colaboración para que os concellos saiban a quen dirixirse, “especialmente a aqueles Concellos máis pequenos”.

A voceira salientou que “é fundamental sobre todo para unha forma de actuación coordinada. Así, explicou que esta medida “pode servir de base para que os propios Concellos nos Plans de Obras que se articulen dende institución provincial e nos Plans Marcos que se articulen dende a institución autonómica, poidan canalizar as súas inversións pensando no que é máis importante para os veciños e veciñas que, sen dúbida, é a seguridade”.

Candia resaltou que “facer ese estudo detallado acompañado de persoal formado, incluso ante a forma de actuar fronte a unha emerxencia, para moitos Concellos é fundamental, xa que así terán un instrumento que lles indique como intervir e tamén en caso de que ocorra unha desgraza terán estandarizada unha forma de actuar que tamén poida delimitar a súa responsabilidade”.

Exit mobile version