Site icon Crónica3.com A Mariña

O Modelo Burela protagonista dunha xornada de estudo no País Vasco, dentro de Donosti, Capital Europea da Cultura

Burela, 22 de xuño de 2016.- Durante os días 23 e 24 de xuño, dentro do marco de Donosti-capital europea da cultura -2016, celébrase un encontro entre as iniciativas consideradas como modelos de boas prácticas en materia de integración socioeducativa. Entre esas boas prácticas seleccionadas figura o Modelo Burela, que será presentado o día 24 de xuño, entre as 12:30 e as 13:30 horas.

Para realizar unha aproximación de “Achegamento ás linguas locais por parte de falantes de diferentes orixes”, a metodoloxía do Modelo Burela será contrastada con outras dúas experiencias: a da Escola La Sinia, de Vic (Cataluña) e o Colegio Ramón Bajo, de Vitoria-Gasteiz.

Exit mobile version