Son numerosas as queixas que recibimos dos veciños e dalgúns visitantes que se acercan a zonas turísticas como a Area Etnográfica da Insua, onde se pode comprobar a cantidade de maleza existente e o lamentable estado xeral de conservación no que se atopa, polo que o único que poden contemplar os que ata alí se acercan son as preciosas vistas a nosa ría, xa que todo o demáis está nun estado calamitoso e non é digno de ser contemplado.
Si falamos do Parque da Misericordia situado detrais do Ecce Homo, pois ocurre máis do mesmo, deixadez absoluta en estado máximo con abundante maleza alta que se asemella máis a unha selva que o que realmente é, un parque público. Ë unha lastima que nunha zona coma esta , con cerca de mil veciños, que estes non poidan gozar do seu uso e disfrute en debidas condicións como consecuencia do estado de abandono no que se encontra. Unha vez máis asisitimos a falta de planificación e organización do goberno Local a través da súa Delegación de Medio Ambiente.
Tres cuartos do mesmo acontece no Mirador do Pirixel, a pesares de que o noso grupo xa presentara un rogo no Pleno de febreiro para a súa limpieza de maleza e colocación dun cadro indicativo da zona. O certo é que a día de hoxe nada se ten feito por darlle solución a esta situación.
O PP de Viveiro solicita unha vez máis ó goberno local o desbroce e reparacion das pistas e rúas de acceso as vivendas, así como o mantemento e limpeza destas zonas de ocio, lamentando a continua falta de previsión para facer estes traballos tan necesarios antes da chegada do verán , para que tanto os nosos veciños, como os que nos visitan , poidan disfrutar en todo o seu esplendor dos magníficos recursos naturais e paisaxísticos dos que dispoñemos.