Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Viveiro lamenta que, para a alcaldesa, “Viveiro sexa de segunda división”

O pasado martes 31 de maio a Sra. Alcaldesa de Viveiro renunciaba o seu cargo de diputada provincial e comunicaba que abandonaba as filas do PSOE ante a inminente apertura de xuizo oral. Dende o PP de Viveiro preguntámonos por que o que non vale para a Deputación Provincial nin para o PSOE, si sirve para seguir sendo Alcaldesa de Viveiro.

A ese respecto, o PP local considera que “a Sra. Loureiro debía de outorgarlle ao noso Concello a mesma categoría que á Deputación e ao seu partido, polo que pensamos que tería que ter dimitido automaticamente. Ou é que considera a Viveiro un lugar de segunda división?”.

Dende o respecto máis absoluto os tempos xudiciais e a presunción de inocencia, o certo é que Viveiro será noticia estes días porque a súa Alcaldesa se sentará no banquillo dos acusados por presunta prevaricación urbanística os vindeiros 7 e 8 de xuño na Audiencia en Lugo, feito que non acontecera ata a data con ningún outro Alcalde de Viveiro no exercicio do seu cargo. Por esta razón o PP de Viveiro pídelle que o mesmo criterio de esixencia que se autoinpuxo para abandoar a Deputación e o seu partido, o aplique tamén para o Concello de Viveiro, si cabe con máis razón dado que en Viveiro non é unha simple diputada provincial ou afiliada do seu partido, senón que é a Alcaldesa – Presidenta da Corporación.

Sinalar así mesmo o asombro que nos produce ó PP de Viveiro o descoñecemento que parece ter a Sra. Alcaldesa sobre o asunto polo que se a vai a xulgar – a pesares de ser licenciada en dereito -, xa que ninguén a acusa de levarse nada – ese sería outro tipo de delito -, senón que a acusan por presunta prevaricación urbanística, é dicir, faltar conscientemente ós deberes do seu cargo ou tomar unha decisión ou dictar unha resolución inxusta con plena consciencia da súa inxustiza.

Dende o PP de Viveiro, estimamos que o mesmo respeto que mostrou polo código ético do seu partido, debería de facelo igualmente cos veciños e veciñas de Viveiro non permitindo que a Alcaldesa de Viveiro se sentase no banquillo dos acusados e adoptando unha decisión en concordancia coa adoptada na Deputación e co seu partido, xa que Viveiro non é menos que a ningunha das opcións anteriores.

Exit mobile version