Site icon Crónica3.com A Mariña

O Praias de Barreiros renova a Elías Puente

elias-puenteElías Puente cumprirá a súa segunda tempada no Praias de Barreiros.

O porteiro ribadense, con 46 anos, está a vivir unha segunda xuventude, chegou a Barreiros hai dúas tempadas e media para completar a portería, xunto con Rubén Novas (Cholas).

Hoxe é un emblema dentro do vestiario, compañeiro dos compañeiros é o primeiro en arroupar aos máis novos. Pero non todo queda ahí, Elías dentro da pista ordena, manda e dirixe ao seu equipo. É un veterano do 40×20 que o clube barreirense quere continuar poseendo.

Nas palabras do Presidente, Julio Rocha, “Elías é o espello no que debe fixarse calquer xogador, é a alma deste equipo, sentimonos moi orgullosos de que siga con nós”.

Exit mobile version