No encontro, que está a ter lugar na empresa Autoriparazion Multicar, socio tamén do proxecto, preséntanse os traballos de libros electrónicos realizados sobre temáticas do automóbil, prográmanse as seguintes visitas e organízanse as tarefas para o 2017.
Os asistentes á xuntanza visitan as instalacións da empresa italiana onde se reúnen e aproveitarán para coñecer as cidades de Venecia e Cremona.
Fin de semana tecnolóxica
E en Ribadeo, nas instalacións do hotel O Cabazo, terá lugar unha nova fin de semana tecnolóxica organizada por Apaga. Será este sábado, 4 de xuño, entre as 10 e as 20 horas. Os sistemas eléctricos centrarán a temática desta cita.