Site icon Crónica3.com A Mariña

O Presidente da Deputación reivindica que “escollín a mellor opción: uns orzamentos para os veciños dos 67 Concellos da provincia”

O Presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos Conde, reivindicou este martes que “escollín a mellor opción: uns orzamento para os veciños dos 67 Concellos da provincia, que negocie con todas as forzas políticas ata o último minuto co obxectivo de acadar a unanimidade”.

Campos Conde explicou que “só había dúas alternativas. Chegar a un consenso con todos os grupos políticos e o Deputado non adscrito para poder aprobar un presuposto legal, baseado no impulso do emprego, das infraestruturas e das políticas sociais no conxunto da provincia, no Pleno Extraordinario convocado para as 10.00 horas, que se retrasou, precisamente, porque estivemos tentando buscar a unanimidade; ou ben chegar ao Pleno das 12.30 horas onde se aprobaría un presuposto imposto polo PP, pois contaría co apoio do Deputado non adscrito, que non se axustaba á legalidade e que establecía unhas bases de execución que deixarían ao Goberno Provincial sen marxe de maniobra”.

Hai que ter en conta que o PP reclamaba que todas as subvencións, tanto de concorrencia competitiva como as excepcionais, así como as modificacións ou transferencias de crédito fosen aprobadas polo Pleno, cando sempre o fixo o Presidente e a Xunta de Goberno. Isto deixaría ao Executivo Provincial sen capacidade algunha para xestionar o presuposto, pois faríao a oposición na sesión plenaria.

Tras negociar con todos os grupos políticos e o Deputado non adscrito, chegouse ao acordo de que só as subvencións de máis de 40.000 euros, cando así o propoña o Presidente, serán aprobadas polo Pleno; que as bases das subvencións de concorrencia competitiva, que tamén serán propostas polo Campos Conde, serán estudadas por unha comisión política con representación de todos os grupos da Corporación e o Deputado non adscrito para a súa aprobación na Xunta de Goberno; e que tan só as modificacións e transferencia de crédito que superen os 150.000 euros serán levadas ao Pleno a proposta do Presidente.

Unha sorpresa
O titular provincial amosou a súa “sorpresa” pola decisión tomada polo BNG, pois “os orzamentos foron aprobados inicialmente cos votos dos Deputados do PSOE e do Bloque Nacionalista Galego. Dende entón, a parte económica practicamente non variou. Modificáronse as bases de execución, pero fixémolo co atendendo ás peticións de todos os grupos políticos, chegan a un bo acordo, que dá liberdade ao Goberno para executar o presuposto e permite á oposición facer a súa labor de fiscalización. “Non entendo a súa postura, pois noutras administracións, como por exemplo o Concello de Foz, aprobouse o presuposto cos votos a favor do PP e do BNG, buscando o interese xeral, tal e como o fixemos nós. Eu vin á Deputación a traballar por e para os veciños da provincia de Lugo”, concluíu.

Exit mobile version