Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE focense presenta moción para instar ao goberno municipal a prever o espazo para que o martes 9 de agosto se celebre o mercado semanal

Foz, 29 de xuño de 2016.- O Grupo Municipal do Partido dos Socialistas de Galicia – PSOE, en base ó disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais e demais normativa de aplicación, presenta a seguinte MOCIÓN para o seu debate en Pleno.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Que polas noticias recibidas en prensa, e despois do rogo realizado no pleno do 30 de maio, e dada a resposta dada por alcaldía que non sería posible a realización do mercado semanal que se ven celebrando en Foz todos os martes, salvo festividade.

Que considerando que este é un dos días de mais venta de todo o ano, e atendendo as peticións dos vendedores do mercado que reclaman a súa celebración.

Que outros anos se celebrou o mercado, coincidindo cas festas, posto que na zona diante da piscina xa teñen asignados os seus postos.

O PSdG-PSOE INSTA ao Goberno Municipal a non suspender o mercado do martes 9 de agosto, tomando as medidas necesarias para que se poida celebrar. Reorganizando o aparcamento das autocaravanas durante o tempo suficiente para que se poida instalar o mercado.

Exit mobile version