Site icon Crónica3.com A Mariña

Os burelistas Iago Míguez e Matamoros, convidados no Campus Cangas del Narcea

mataiago-prone14Burela, 23 de xuño de 2016.- O Campus de Fútbol Sala e Fútbol Cangas del Narcea xa está en pleno traballo para cerrar a programación da súa terceira edición, entre o 25 e o 30 de xullo. O fútbol sala de Primeira División xa confirmou a súa presenza, cos xogadores do CD Burela FS Pescados Rubén Iago Míguez e Jorge Matamoros. Os deportistas laranxas compartirán co alumnado habilidades sobre a pista, ademáis de experiencias e anécdotas da súa traxectoria.

Matrícula aberta
Todos aqueles/as rapaces/as de entre 6 e 17 anos que queiran disfrutar do deporte cos mellores especialistas nacionais e internacionais na materia poden reservar a súa praza ata o mércores 20 de xullo (prazas limitadas). A folla de matrícula estará a dispor das persoas interesadas no Concello de Cangas del Narcea e na sede de Imdecum en Burela (avenida Arcadio Pardiñas, número 91, Burela). A través do correo campusmixtofutbolsala@gmail.com tamén se ofrecerá toda a información solicitada, así como o formulario de inscrición.

Tarifas. O prezo da matrícula será de 180 € ou 340 € con media pensión ou pensión completa, respectivamente. As familias que apunten a máis dun nen@ terán un 20% de desconto a partir da segunda matrícula e o alumnado da SD Narcea, ED Burela FS e AFD Porto de Burela terá un 10%.

Consolidación da cita
O Campus de Cangas del Narcea consolídase xa como unha referencia na agenda veraniega asturiana. A localidade estreou o clínic en 2014 con grande acollida, un total de 35 alumnos disfrutaron das actividades coordinadas por Juanma Marrube con visitas de prestixio como o porteiro do Uruguay Tenerife Iago Barro, os capitáns do CD Burela FS Pescados Rubén, Iago Míguez e Edu, o xogador viveirense Christian Chao ou os técnicos Pablo Prieto, de Al-Wahda de Abu Dahbi, Diego Ríos, de O Parrulo FS. En 2015, 50 pequenas promesas compartiron deporte e convivencia; o Centro de Interpretación de Muniellos e o Prao del Molín foron algunhas das xoias naturais das que se deleitou o alumnado.

Exit mobile version