Desde o Partido Popular defenderon que só as receitas que eles aplican, superado o período máis intenso da crise, teñen demostrado con feitos que son capaces de xerar emprego rompendo a tendencia de destrucción de postos de traballo herada do goberno socialista e das malas políticas que aplican as forzas de esquerda. Entre outras estratexias a seguir os populares apuntan a importancia de apoiar e reactivar proxectos industriais como o que representa Acuidoro que a oposición pretendeu parar.
Os populares lembran que nunha decisión tan polémica como discutida o bipartito, conformado por PSOE e BNG, excluíu o polígono de Cuíña do plan de acuicultura o que tivera impedido que se desenvolvensen estes proxectos industriais. Afortudamente o PP rectificou esta decisión unha vez que accedeu ao goberno da Xunta facendo posible que esta empresa acuícola manteña a súa aposta por Cervo para xerar riqueza e emprego.Ata tal punto é así que Acuidoro está a desenvolver os últimos trámites administrativos previos para a ampliación das actuais instalacións, un proxecto que suporá 24 millóns de euros en investimentos, 26 empregos directos e preto de medio cento de novos postos de trabalo indirectos.
No PP lembran que votar a En Marea e BNG, socios obrigados do PSOE, suporía poñer en perigo estos proxectos industriais e de emprego, xa que logo non só non creen neles senon que ademais fan o posible por obstaculizalos, como demostraron na Mariña.