Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas de Ribadeo piden apoio ao colectivo LGTBI dende o Concello e a condena ao atentado de Orlando

O cumprimento do acordo adoptado en Sesión Plenaria o 29 de marzo deste mesmo ano comezando pola celebración do Día Internacional do Orgullo Gay, o próximo 28 de xuño, polo menos cun acto oficial para a colocación da bandeira do colectivo LGTBI no balcón do Concello a véspera desa data e manténdoa colocada durante unha semana.

A condena pública, por parte dos Concelleiros e Concelleiras e mais outras autoridades, veciños e veciñas que se queiran sumar ó acto, da discriminación a que se ven sometidos e sometidas as persoas deste colectivo e que, por desgraza, se pon de manifesto a cotío cas agresións psicolóxicas e físicas que sofren, chegando nalgúns casos á máxima violencia como temos visto co recente atentado contra as persoas que se atopaban no club Pulse de Orlando. Precisamente, para amosar a mais contundente repulsa ó acontecido nos Estados Unidos, cremos necesario convocar un acto coincidindo co día do orgullo gay, a unha hora fóra da xornada laboral, para que quede garantida a máxima afluencia de xente posible.

A reconsideración na próxima sesión plenaria do apartado oito da moción sobre medidas a desenvolver polo Concello para a normalización, visibilización e integración plena das persoas LGTBI no municipio levada ó Pleno por este grupo (apartado no que se solicitaba a celebración do Día Internacional contra a Homofobia, Transfobia e Bifobia e que foi suprimido polas emendas do grupo nacionalista), xa que, se ben é verdade que coincide no 17 de maio, día das letras galegas, tamén o é que nada impide compatibilizar as dúas celebracións, mais aínda cando se pon de manifesto a necesidade de ámbalas dúas como unha reivindicación do valor da diversidade e do respecto que lles debemos, por un lado, á nosa lingua, e por outro, e mais se cabe, por tratarse dunha cuestión de dereitos humanos, a todas as persoas.

Exit mobile version