Pérez Herraiz advertiu que os galegos e os lucenses “non queremos vivir nunha Galicia de emigrantes que envía aos seus fillos a buscarse a vida no estranxeiro; á xeración mellor formada da súa historia. Non queremos unha Galicia que permite a pobreza infantil e unha sociedade na que avanzan as desigualdades até límites insoportábeis”. Por iso emprazou aos votantes a reverter esta catastrófica situación. “O día 26 de xuño, temos que dar unha lección de democracia votando ao PSOE, porque somos e seguiremos sendo a verdadeira esquerda deste pais”, subliñou.
O Secretario Xeral das Xuventudes Socialistas, Aitor Bouza, explicou que este acto reivindicativo serve para amosar á cidadanía en xeral que a única saída laboral que nos ofrece o PP, é coller a maleta e saír pola porta; por terra, por mar e por aire”.
Feijóo como Rajoy “descoñecen a realidade social da mocidade”
O Secretario de Xuventudes remarcou que cada ano marchan máis mozos, moi preparados academicamente, “pero ninguneados e esquecidos pola dereita deste país, que non atende, nin entende as nosas demandas”. Bouza cualificou as políticas do PP en materia de emprego xuvenil de “inexistentes”, e critica que tanto Feijóo como Rajoy “descoñecen a realidade social da mocidade”.
Anunciou ademais que se Pedro Sánchez é Presidente creará un Plan de Choque para os mozos que non conseguen acceder a un emprego; impulsará un programa específico para recuperar o alumnado que tivo que abandonar os seus estudios universitarios por mor dos cambios lexislativos inxustos, ou mesmo cambios sobre as súas condicións socioeconómicas dende o inicio da crise. Do mesmo xeito recuperará a renda básica de emancipación, impulsada polo Goberno de Zapatero.