Site icon Crónica3.com A Mariña

Os traballadores de Empresa Mayco manteñen a convocatoria de manifestación para os días 2 e 3 de xuño

1 de xuño de 2016.- Os traballadores da Empresa Mayco (Grupo Bidueiros) Auxiliares de ALCOA no departamento de Fundición queremo indicar que,

Despois de intentar iniciar a constitución da mesa negociadora do convenio de empresa e, ante a negativa da dirección da empresa Mayco (Maquinaria y Colaboraciones, s.l), mantemos a convocatoria de manifestación para os días, 02 e 03 de Xuño, en horario de 6h a 9h, que percorrerá a estrada de acceso a Alcoa e a Estrada de Laxe – Morás , incluíndo un paro (folga) de unha hora (8h a 9h).

Dende o venres (27) estivemos esperando unha resposta a petición de unha proposta para o convenio, e o martes (31) a única resposta que obtivemos foi un convenio pechado; sen posibilidade de incluír nada, sen posibilidade de negociar e con as mesmas condicións (salario, xornada, etc.) que xa temos garantidas ata fin de ano.

Entre as nosas peticións están,

• incluír o horario laboral dos traballadores a quendas,
• ter opción de cambiar as horas extra por días de descanso,
• incluír no calendario os 30 días de vacacións,
• manter en vigor (ultraactividade) o convenio hasta a sinatura de outro novo,
• permutas de quendas entre traballadores, sen ter que indicar motivos persoais.

Consideramos que as reivindicacións enumeradas son totalmente asumibles e non deberían se obxecto de confrontación.

Os traballadores seguimos estando en disposición ao dialogo, e esperamos a resposta da dirección de Mayco para non ter que chegar a realizar as manifestacións, o ser sabedores das consecuencias.

Exit mobile version