O Concelleiro de Deportes de Viveiro, Emilio Villarmea Méndez, en representación do Concello de Viveiro querere transmitir ao Presidente do Viveiro C.F. os seus parabéns pola consecución do título de campión da Copa Deputación de Lugo para Club de Preferente e Primeira Autonómica, acadado o pasado día 19 de xuño na localidade lucense de Muimenta. Así mesmo facer extensivos os nosos parabéns ao entrenador, corpo técnico e a tódolos xogadores e responsables de este éxito.