Site icon Crónica3.com A Mariña

‘Parolando’ cumpre 100 programas en Radio Burela

O programa Parolando da Radio Burela chega á súa edición número 100 este xoves 30 de xuño. “Son cen semanas en antena que deron para moito, para analizar moitos temas e recibir a moitas persoas de diversos ámbitos que contaron moitas cousas no estudo”.

Para celebralo, como sempre de 20.30 a 22.00 horas, realizarase un programa especial centrado no tema das emisoras de radio municipais que temos na nosa bisbarra coa presenza de Anxo Rivas (de Radio Foz), con Vicente Mon (da antiga emisora de Cervo) e con outro representante aínda por decidir da Radio Valadouro. Por parte de Radio Burela estarán Luís Rubal (Director do programa “Amañando o país”), Bernardo Penabade (Director do programa “Proxecto Neo”), Jose Díaz (Director do programa “La ruleta rusa” e Concelleiro de Cultura de Burela) e Matías Nicieza (Director de múltiples programas na emisora e técnico da mesma).

Os radioouvintes poden contactar co programa chamando ao 982 57 51 71, mandando SMSs ou whatsapps ao 656 39 78 43 ou ben por medio de mensaxe no Facebook da Radio Burela.

Exit mobile version