Site icon Crónica3.com A Mariña

Pasada das Cabras celebrou o Día do Socio subindo ao Monte Castelo de Burela

OLYMPUS DIGITAL CAMERABurela, 25 de xuño de 2016.- Máis de 200 camiñantes se reuniron no Monte Castelo de Burela este sábado, para celebrar o Día do Socio. A ruta partiu da praza da Mariña e percorreu o paseo marítimo pasando polas praias Urbana, do Cabaliño e A Marosa para, posteriormente, subir ao Monte Castelo. Un percorrido de aproximadamente 10 Km. salpicado con algunha chovisca ocasional, que os acompañou sen empañar para nada a excelente xornada vivida.

Participaron asociacións de toda a Mariña e do occidente asturiano; a máis numerosa foi a de Peña Furada de Navia e seguíronlle por numero de participantes Terras de Lourenzá e Paso Miudo de Ferreira, ás que desde Pasada das Cabras agradecen sinceramente a súa presenza.

Para finalizar, houbo unha comida de irmandade e rematada coa tradicional queimada.

A música, unha vez máis, púxoa o incombustible artista Juan de Ferreira.

Exit mobile version