O vindeiro sábado 11 de xuño a Asociación Pasada das Cabras de Burela máis Terras de Lourenzá, teñen previsto realizar a 6.ª Etapa do Camiño Norte de Santiago, dende Vilalba a Baamonde de 16 quilómetros. A saída será ás 08.00 horas dende a Estación de Autobuses de Burela e o prezo é de 20 € para os socios e de 25 para os que non o son co autobús, comida e seguro incluídos. Para participar é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou ben no teléfono: 982 580 504 antes do xoves 9 de xuño ás 20.00 horas.