A Casa das Letras de Ribadeo acolle este venres 17 de xuño a partir das oito e media do serán a presentación do libro “Retrato de Carlota” de Ana Capitaine, autora do texto e as ilustracións que acompañan ao libro onde reflexa a súa experiencia coa súa filla con síndrome de Down. A autora afirma que quixo escribir este libro coma “unha guía para que as persoas aprendan a ser más inclusivas”. O retrato de Carlota é un libro alegre, destinado a todas as idades e que explica como podemos achegarnos ao universo de Carlota e das persoas coma ela.