Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo celebra o domingo 5 de xuño o Centenario das Irmandades da Fala

O próximo domingo, día 5, o bus-exposición do centenario das Irmandades da Fala estará en Ribadeo, no parque de San Francisco, ao lado do Cantón.

Para esta conmemoración, a Agrupación Cultural Francisco Lanza, xunto co Concello de Ribadeo e Ora Galega, organiza diversas actividades:

12.30 horas: actuación musical do Cuarteto Xaramolos e lectura colectiva do manifesto das Irmandades da Fala, nas Catro Rúas.

13.30 horas: actuación da Coral Polifónica no parque ao lado do bus.

18.30 horas: visita guiada á exposición por Suso Fernández Acevedo.

19.30 horas: actuación de Poetarras.

Exit mobile version