Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo presenta unha Guía de Prevención do VIH/SIDA

Ribadeo, 17 de xuño de 2016. O vindeiro martes, 21 de xuño, ás oito da tarde na Casa da Xuventude terá lugar a presentación da guía de prevención do VIH/sida Infórmate… perde o medo. No acto intervirán Octavio Susacasa Noval e Laura Casal Figueroa.

A cita está organizada pola Concellaría de Servizos Sociosanitarios en colaboración coa asociación Aseduc (Asociación Socioeducativa para a Educación), e “enmárcase no programa que seguirá en días posteriores con outras actividades informativas na rúa e probas de VIH en saliva no centro de saúde, para aquelas persoas que queiran facelas”, segundo explica Mónica Fernández Lamparte, responsable do Programa de Prevención de Drogodependencias e outros Trastornos Aditivos do Concello de Ribadeo.

Exit mobile version