Site icon Crónica3.com A Mariña

Sete bloggers do Reino Unido especializados en turismo coñecen o Camiño do Norte entre Ribadeo e Santiago

280816bloggersukSantiago, 28 de xuño de 2016.- Un grupo de cinco bloggers e dous videobloggers do Reino Unido especializados en viaxes e turismo comezan este martes unha visita á Comunidade galega organizada por Turismo de Galicia no ámbito da marca turística España Verde que os levará a coñecer o Camiño do Norte entre Ribadeo e Santiago de Compostela.

O obxectivo desta acción de promoción turística é difundir os valores da Ruta Xacobea entre os cidadáns a británicos a través do traballo destes usuarios especializados das redes sociais e incentivar así as súas visitas á Comunidade galega .

O sete bloggers do Reino Unido chegaron este martes a Ribadeo procedentes de Asturias, desde onde se achegaron ata a Praia das Catedrais para coñecer esta contorna costeira declarada monumento natural.

Este martes, tamén puideron coñecer Vilanova de Lourenzá, e logo partir a pé para realizar o tramo do Camiño do Norte entre esta localidade e a de Mondoñedo.

Os visitantes británicos tamén teñen previsto achegarse hoxe ata Sobrado dos Monxes para coñecer o seu mosteiro e a contorna natural do Concello.

Xa polo serán, chegarán a Santiago de Compostela, cidade á que tamén lle dedicarán a xornada de mañá.

España Verde
Precisamente, o Camiño do Norte, declarado o ano pasado Patrimonio Mundial da UNESCO, é un dos recursos comúns das catro comunidades autónomas que conforman a marca turística España Verde –Galicia, Asturias, Cantabria e O País Vasco- incluídos no plan de promoción conxunta.

Este convenio interrexional está consolidando o norte peninsular como un destino competititvo e de calidade. O turismo das catro comunidades autónomas rexistrou no primeiro cuadrimestre de 2016 un crecemento dun 8% de media xa que subiron tanto os viaxeiros aloxados en establecementos hoteleiros, que foron 2.193.868, como as pernoitas, un total de 4.056.889, segundo datos do Instituto Nacional de Estatística.

Exit mobile version