Site icon Crónica3.com A Mariña

Soio lles interesa o vil diñeiro

Tralas eleccións xerais do pasado 20 de decembro e o consiguiente fracaso para a formación do novo goberno, os vecinos e veciñas deste estado debemos repetir os comicios o próximo 26 de xuño. Os nosos políticos volven demostrar a súa ineptitude enganando outra vez ao pobo. Esta vez o embuste foi asegurar que era imposible formar goberno dada a representación parlamentaria. Precisamente ese era o seu traballo. Pero a súa ansia de poder, xunto á súa ineficacia provocaron que se repita toda a maquinaria electoral. Por suposto, todo o gasto correrá a conta do contribuinte, ou sexa, a vostede e a min. Aínda que isto ninguén o dubidaba. Unha das consecuencias destas novas eleccións é a disolución das Cortes.

Por si non o saben, o Senado, que xa me diran vostedes a sua utilidade, ten unha indemnización de transición para aqueles senadores que causaron baixa desde a disolución das Cortes ata as novas eleccións. Teñen dereito? a ela 181 senadores. Sabe cantos renunciaron a esa cantidade? Trece. O resto cobrarao. A cuantía é de 154,54 por día, é dicir, cada un dos nosos representantes da Cámara Alta se embolsará 8345,16 euros. Cantidade que tamén sairá dos nosos petos. Unha cantidade moi próxima á Renda Activa de Inserción que perciben os desempleados con especiais necesidades económicas e dificultade para atopar emprego, que alcanza a desorbitante cantidade de 426 euros ao mes.

Esta é a xustiza social da España chea a reverquer de patriotas, bandeiras e camisolas da “roxa”. Estes políticos lerchos , de todos os partidos, posto que quen pediron esta indemnización son de todas as cores, demostraron unha vez máis, que o único que move o seu interese cara á política o vil diñeiro do que di Quevedo: “Madre, yo al oro me humillo,

Él es mi amante y mi amado, Pues de puro enamorado anda continuo amarillo. Que pues doblón o sencillo. Hace todo cuanto quiero, Poderoso caballero.Es don Dinero.”

Si fose o benestar da poboación, asegúrolles que todos renunciarían a esa indemnización. Pero no fondo, son unhas raposas, cuxo único obxectivo é roubarnos a todos. Exceptuando os poucos que renunciaron a esmola.
Otero Regal

Exit mobile version