Site icon Crónica3.com A Mariña

Teatro en Barreiros

MalaSombra Producións representará este domingo 19 de xuño en Barreiros a obra D.E.P. Unha comedia de morte. A obra narra desde o sentido do humor a pelexa entre dous irmáns pola herdanza da súa nai que aínda está viva.
Porase en escena no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro a partires das 19.00 horas. A representación inclúese no programa Cultura no Camiño 2016, que leva a cabo a Xunta de Galicia. Tamén organiza AGADIC e colabora o Concello de Barreiros, a través da Concellería de Cultura e a Oficina de Información Xuvenil.

Exit mobile version