Site icon Crónica3.com A Mariña

Vendido xa o 89% das entradas para o Resurrection Fest

resuViveiro, 31 de maio de 2016.- A organización do Resurrection Fest avisa a todos os que aínda están dubidando acudir ao festival de que xa levan o 89% de abonos de 3 días vendidos, polo que é moi posible que se vendan todas as entradas restantes nas próximas semanas. Fan énfase tamén en que teñen entradas para coleccionista nos seus puntos físicos en tendas (listados en la web), e que pese ao grande número de entradas, están traballando moi duro adaptando o recinto para que no sen masifique e esteamos todos cómodos. Tamén quedan xa poucas entradas para o sábado 9 de xullo, día de Iron Maiden, e serán as últimas. Tras esgotarse os abonos e estas entradas, xa non haberá máis. Non esperes más e colle xa a túa entrada! Vémonos en Viveiro para pasar a mellor semana do ano.

Exit mobile version