Site icon Crónica3.com A Mariña

Xornada caboverdiana en Amodiño Ribadeo

O próximo sábado 25 de xuño Amodiño propón unha xornada para achegarse á cultura caboverdiana, tan presente na Mariña coma descoñecida para a maioría de nós, da man da asociación Tabanka, constituida por doce mulleres caboverdianas afincadas en Burela. O programa que se desenvolverá nas súas instalacións da rúa Amando Pérez 8, baixo; inclúe un obradoiro de cociña tradicional caboverdiana a partir das 11.30 horas (prazas limitadas, aportación de 5€), degustación de tapas por 1€ (de 13.00 a 15.00 horas e de 20.00 a 22.00 horas), un concerto do grupo Batuko Tabanka a partir das 22.00 horas e unha exposición fotográfica.

Exit mobile version