Site icon Crónica3.com A Mariña

185 inscritos para a I Carreira Nocturna Burela Bonita

Burela, 22 de xullo de 2016. Todo está listo para a celebración da I Carreira Nocturna Burela Bonita, que terá lugar este sábado 23 de xullo ás 21.30 horas con saída desde a praza da Mariña. Preto de 200 corredores se darán cita nesta proba. A recollida de dorsais será na praza da abastos esta tarde de 16.00 a 21.30 horas e mañá de 17.00 a 20.30 horas.

O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, destaca a participaron nesta I Carreira Nocturna: “temos 185 inscritos e algúns deles cun palmarés importante”. O edil socialista agarda que “a proba sexa de nivel e tamén divertida. No Concello estamos contentos co desenvolvemento dos preparativos nestes días previos”.

Nas categorías masculina e feminina establécense tres premios de 200 euros, 100 euros e 50 euros cada unha. E haberá un premio de 100 euros para o primeiro/a corredor/a local.

Fernández Rey anima “a veciños e visitantes a acudir a animar aos corredores no percorrido desta I Carreira Nocturna Burela Bonita”. E subliña que “esta cita é moi importante para nós desde o punto de vista deportivo, pero tamén desde o turístico porque moitos corredores veñen de fora, durmirán no noso pobo e coñecerannos máis de cerca. Burela ten moitas cousas que ofrecerlles aos seus visitantes. Agardamos que disfruten da proba e de Burela e que repitan noutras ocasións”.

Desde a Concellería de Deportes lembran que haberá varias rúas pechadas ao tráfico durante a celebración da proba, desde as nove da tarde e ata as once e media da noite. Son: Castelao, Avenida da Mariña, Pardo Bazán, Curros Enríquez, Rosalía de Castro, Beiramar, Nosa Señora do Carme, Eijo Garay, Travesía do Porto, Concepción Arenal e Basanta Ben e así como todas as vías de acceso ás mesmas.

Exit mobile version