Site icon Crónica3.com A Mariña

5 bandas e 2 djs para a terceira edición do PreResurrectionFest

Concello de Viveiro, Resurrection Fest, Viveiro-Centro Comercial Histórico e Casino de Viveiro, organizan este próximo martes 5 de xullo a partir das 19.00 horas a III edición do PreResurrectionFest.

O PreResu16 preséntase de forma ambiciosa, con dous Dj e cinco bandas seleccionadas polo propio Resurrection Fest. A entrada é gratuíta aínda que o aforamento limitado. A organización estima que aproximadamente mil persoas arrincarán alí a gran semana do Metal.

Desde A Coruña chegan os cinco compoñentes de Beyon the Madness; auténticos especialistas do Metalcore na liña de ERRA ou Northlane. Tamén da Coruña vén Less Fortunate Songs; un cuarteto rápido e duro de Punk vitamínico con tinguiduras do Hardcore do o 90´s.

Como anfitrións exercen un ano máis o quinteto local Back in Town, os decanos do minifestival con presenza en todas as edicións. En directo convértense en auténticos depredadores coas súas fantásticas Hard-Covers. Tamén de Viveiro é a Tom Clement Bad Religion Tribute Band, unha homenaxe moi preparada aos californianos Bad Religion (que tocan no Resu o xoves).

Unha mención especial merece sen dúbida Golpe Radikal, un sexteto da Pobra do Caramiñal de Hardcore que están de xira co seu disco “El sello del Diablo”. Pasan por ser o grupo galego revelación do momento e gustaranche se che gusta Kop, Habeas Corpus ou Narco.

Ademais, a programación do PreResu16 inclúe a Dj Mega e Dj. Pedro Core, quen ten preparado un repertorio de grandes éxitos do Metal para abrir e pechar o evento respectivamente.

A organización lembra que está totalmente prohibido o acceso con recipientes de cristal e/ou calquera tipo de bebida.

Exit mobile version