A Asociación Pasada das Cabras de Burela vai a facer o vindeiro sábado 9 de xullo a 7.ª Etapa do Camiño Norte de Santiago dende Baamonde ata Miraz de 15 quilómetros. A saída será ás 08.00 horas da Estación de Autobuses de Burela. O prezo é de 20 € para os socios e de 25 para os que non o son e inclúe autobús, comida e máis seguro. Para participar é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou ben no teléfono 982 580 504 antes do xoves 7 ás 20.00 horas.