Site icon Crónica3.com A Mariña

8 medallas para o Egovarros-Viveiro no campionato galego de 5 km en ruta

egovarros-galegorutaO sábado 2 de xullo celebrábase na localidade coruñesa de Curtis o Campionato Galego de 5 km en ruta cunha participación de preto de 200 atletas de toda Galicia.

Cun percorrido de 2 voltas a un circuíto con constantes subidas e baixadas, o club Egovarros-Viveiro acadaba 8 medallas -3 ouros, 3 pratas e 2 bronces- grazas á participación de 15 atletas veteranos.

Begoña de Arriba foi prata en W60; Susana Parguiña tamén se proclamaba subcampiona galega en W50 e a súa compañeira María Luísa García en W40 fíxose co bronce. E, no apartado masculino, Jose Ángel López en M40 proclamouse campión galego; Antonio Hernandez en M65 e o seu compañeiro Antonio Cabana en M75 tamén se proclamaron campións galegos; Eliseo López en M65 conseguiu a medalla de prata e o seu compañeiro Marcelo Vásquez en M45 logrou a medalla de bronce.

Exit mobile version