Site icon Crónica3.com A Mariña

A ACD Xove pon en marcha unha nova temporada tras renovar a súa directiva

Despois de pasar o proceso de eleccións a Xunta Directiva da ACD.XOVE para as que se informou a tódolos e se convocou Asamblea Extraordinaria, quedou ratificada por outro periodo de catro anos (2016-2020) a actual directiva trala presentación de candidaturas a unha nova presidencia.

Así, o pasado xoves 7 de xullo, firmáronse os novos cargos de directivos, quedando constituida a Xunta Directiva da seguinte maneira:

– Presidente: José Manuel Blanco Gonzalez

– Secretaria: Mª José Sanchez Fernandez

– Tesoureiro: Ovidio Rouco Otero.

– Vicepresidente: Miguel Angel Fra Fra.

– Vocais: Antonio Mazana García, Inés Díaz Campo, Dolores Yáñez Núñez, Jesús Maragoto Polo, José Antonio Fernandez Vázquez e Francisco M. López Fernández.

Nesta nova etapa, incorporanse á Xunta Directiva, José Antonio Fernández Vázques “Toto” e Francisco M. López Fernandez “Pakito”, e danse de baixa, Mª Carmen Fernández Lamelas e José Ramón López Pena.

Un total de 10 directivos repartiranse as súas funcións nas distintas Escolas Deportivas e Culturais da ACD.XOVE que para a vindeira tempada 2016-2017 ofertará:

– Fútbol Sala (categorías: peques, pre-benxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete).

– Fútbol 8 (categorías benxamín e alevín)

– Baloncesto (categorías dende peques a cadetes)

– Patinaxe Artística (de 5 a 16 anos)

– Karate (de 5 a 16 anos)

– Atletismo (categorías de benxamín a cadete)

– Xadrez (categorías de pre-benxamín a cadete)

– Tenis de Mesa: (categorías de benxamín a Cadete)

– Xogos Pre-Deportivos (nen@s de 3 e 4 anos)

– Aerobic-Pilates-Fitness (maiores de 12 anos e adultos)

Tamén se ofertarán dúas Escolas Culturais:
– Teatro (de 8 a 16 anos)

– Pintura (a partir de 8 anos e adultos)

Así mesmo a ACD.XOVE conta con outras actividades como son:

– Sendeirismo. Cun Grupo, formado por máis de 100 persoas, tanto de Xove, como de outros Concellos da Mariña e que organiza Rutas de Sendeirismo por Galicia, Asturias e León.

– Surf. Cursos de Surf (Iniciación e Perfeccionamento) para nenos, durante todo o verán.

E tamén organiza actividades deportivas anuais coma o “Día da Bicicleta”.

Exit mobile version