Site icon Crónica3.com A Mariña

“A ampliación da estrada ata Galdín permitirá mellorar a comunicación co polígono de Cuíña”

Cervo, 22 de xullo de 2016. A ampliación da estrada que vai desde o centro de saúde de San Cibrao ata Galdín, cun investimento de 660.000 euros por parte da Xunta de Galicia, permitirá mellorar a comunicación co polígono industrial de Cuíña. Explicouno este venres o alcalde de Cervo, Alfonso Villares.

“Desde o Concello de Cervo estamos moi satisfeitos e agradecidos á Xunta de Galicia polo investimento para levar adiante a ampliación da estrada que vai desde o centro de saúde de San Cibrao á zona de Galdín. Son 660.000 euros que lle temos que agradecer á Xunta de Galicia e, no seu nome, ao seu presidente, Alberto Núñez Feijoo. É un investimento que é máis que necesario para o pobo de San Cibrao porque vainos axudar a desatascar zonas de embude que temos para acercarnos non soamente a San Cibrao senón tamén ao polígono industrial de Cuíña. Non é este o acceso principal a ese parque empresarial, senón que ten outra vía de entrada, que esperamos conseguir desbloquear despois destes 8 anos de bloqueo por parte da Deputación Provincial. Pero mentres tanto vamos poder aproveitarnos desta estrada alternativa”, explicou o rexedor municipal cervense.

Alfonso Villares engadiu que despois da ampliación esta estrada “vai ser de 12 metros de ancho, con beirarrúas; unha calzada considerable para poder desdobrar o tráfico que entra continuamente a San Cibrao. Polo tanto é unha obra moi importante”.

Exit mobile version