Site icon Crónica3.com A Mariña

A Asociación de Artes Marciales da Mariña practicou TaiJi Quan en Asturias

A localidade asturiana de Arriondas acollía esta fin de semana o IV curso de TAIJI QUAN no que participaban compoñentes da Asociación de Artes Marciales da Mariña.

Dende Burela, Cervo, Lugo e Viveiro desprazáronse para asistir ao curso impartido pol seu mestre Miguel A. Rojo Darriba que á súa vez tamén é Director Nacional de Taiji Quan da Federación Española de Kikboxing.

Os participantes a parte de disfrutar da práctica do TaiJi Quan, tamén asistiron a unha clase maxistral sobre medicina tradicional china e a una explicación técnica da mesma, do mesmo xeito que puideron visualizar as aplicacións que se realizan a través dos distintos movementos deste arte marcial chino. Finalmente, os membros da asociación tamén disfrutaron no tempo de lecer da gastronomía e das actividades de ocio deportivo que Arriondas ofrece aos seus visitantes.

Tamén participaban no curso membros doutros clubs e asociacións dende distintas provincias coma A Coruña, Cantabria e dende a propia Asturias para ampliar e perfeccionar os seus coñecementos.

Exit mobile version