A Deputación de Lugo financiará o 40% dos Grupos de Emerxencia Municipal na provincia de Lugo, pois seguirá achegando o 20% que lle corresponde, e farase cargo do 20% dos Concellos, que representan 50.000 euros por cada municipio. Para elo, o organismo provincial achegará un total de 700.000 euros ao ano.
“Esta é unha aposta persoal, pois, como Alcalde que son, coñezo de primera man as dificultades que sofren os Concellos para pagar os GES. Ademais, paréceme unha decisión coherente, cando Xunta e Deputación tamén asumen os custos polos parques de bombeiros, sendo esta unha prestación semellantes. Nos vindeiros días, asinaremos cos Concellos os convenios de colaboración correspondentes”, adiantou o Presidente.
Os Grupos de Emerxencia Municipal están financiados nun 60% pola Xunta, nun 20% polas 4 Deputacións galegas e noutro 20% polos Concellos. Na provincia de Lugo, os GES sitúanse en Cervo, A Pontenova, Becerreá, Monterroso, Guitiriz, A Fonsagrada, Folgoso do Courel-Quiroga (municipios que comparten grupo).