Site icon Crónica3.com A Mariña

A Polifónica de Burela, no encontro de corais de Dueñas

coral-burO alcalde, Alfredo Llano, acompañou á Coral Polifónica de Burela ao Encontro de Corais no que participou esta fin de semana na localidade de Dueñas, en Palencia. O rexedor contou que “a actuación da nosa Coral foi perfecta. E a Coral de Dueñas virá tamén a Burela. Eu acompañeinos atendendo a invitación cursada polo alcalde de Dueñas. Foi unha experiencia moi interesante e positiva”. Tamén participaban no encontro a Coral La Reana de Velilla del Río Carrión, de Palencia; e a Coral de Caleruega, de Burgos.

Exit mobile version