Os soportes foron doados a Estación de Servicios Foz, S.L. Repsol de Foz en Marzán e serán de gran utilidade para a ordenación correcta dos 200m de mangueiras de auga e alargadeiras de luz que van a portar estes soportes para mantemento das embarcacións deportivas de Foz. Ademais isto permite “eliminar ter mangueiras tiradas polo chan que poden provocar algún accidente, e logramos tamén unha importante mellora estética nos pantaláns de Foz”.
Polo tanto, “non nos queda máis que agradecer esta importante colaboración a Estación Repsol de Foz”.