Ao curso organizado polo viveirense Abraham Rivera desprazáronse tanto membros da Asociación de Artes Marciales da Mariña dende Burela, Cervo e Ribadeo así coma practicantes de outras provincias coma A Coruña e Ourense e tamén persoas da propia capital da provincia, Lugo.
Os exercicios leváronse a cabo nunha fin de semana cun tempo formidable para a práctica no exterior desta arte marcial chinesa e os asistentes fixeron demostración das súas habilidades ante aquelas persoas que por alí pasaban e que se mostraban abraiadas por ver algo distinto na súa localidade.
Abraham R. manifestou a súa satisfacción pola acollida do curso e polo espléndido ambiente creado entre os participantes “é un pracer poder seguir amosando e promocionando esta filosofía de vida en Lugo e é unha maravilla poder traballar con estes compañeiros”.
Dende a Asociación queren facer chegar a noraboa a Abraham por abrir as portas dos seus coñecementos a aquela persoas que residen en Lugo e que encontran neste mariñano un mestre do que aprender.