O rexedor dixo que “con esta presentación en Lugo o que pretendemos é darlle un carácter máis amplo á Feira do Bonito desde o punto de vista institucional e provincial. Trátase dun acto complementario ao que tivemos en Burela”.
Alfredo Llano convidou “aos lugueses e luguesas a achegarse á nosa vila o vindeiro 6 de agosto a saborear o bonito que capturan os barcos do noso porto dun xeito totalmente artesanal e a gozar das moitas actividades que temos preparadas para esa fin de semana”.
Na Deputación tamén se presentou a XIV edición de Produart, que se celebrará de xeito paralelo á Feira do Bonito, “durante toda a fin de semana, do venres ao domingo”.
A mediodía tivo lugar unha degustación de pratos preparados con bonito de Burela no restaurante España da capital.