Site icon Crónica3.com A Mariña

Apertura da III Feira do Libro en Ribadeo

apertura-libroAs casetas da III Feira do Libro abrían as súas portas no parque de San Francisco en Ribadeo. E media hora máis tarde inaugurábase a exposición “Galicia imaxinada nas revistas da emigración”, que se poderá visitar na OMIC ata o vindeiro xoves. Despois durante a fin de semana estará situada no Cine Teatro co obxectivo de contribuír aínda máis ao realce do Ribadeo Indiano, a festa que terá lugar do 8 ao 10 deste mes. No acto desta mañá participaron o concelleiro de Cultura, Farruco Graña; a concelleira de Turismo, Ana Martínez; e o libreiro local Pablo Rodríguez “Vivín”. A inauguración oficial da III Feira do Libro desenvolvíase ás 20.00 horas co pregón a cargo do escritor Antonio Reigosa. A clausura será o domingo ás 21.00 horas.

Exit mobile version