Site icon Crónica3.com A Mariña

As ANPAS de dous centros mariñáns reciben máis de 7.000 euros da Xunta para colaborar na organización de actividades extraescolares

O Servizo autonómico de Igualdade en Lugo, acaba de conceder axudas por importe de case 25.700 euros destinadas ás asociacións de nais e pais de alumnos dos centros educativos da provincia sostidos con fondos públicos. A súa finalidade é a realización de programas de actividades extraescolares e complementarias que faciliten a conciliación da vida familiar e laboral.

As actividades están destinadas a alumnos de educación infantil, primaria e de centros de educación especial de cara a posta en marcha das distintas iniciativas o vindeiro curso escolar.

Esta liña de subvencións, cofinanciada co Fondo Social Europeo, achega axudas a 7 centros, entre eles dous da Mariña lucense. No cadro seguinte amósase a relación de adxudicatarios das axudas, que chegan ata un máximo de 6.000 euros por centro en función do custe do programa presentado

Crédito asignado: 25.680,70 €
ANPA Padre Feijoo do CEIP nº 1 de Foz: 6.000,00 €

ANPA Escolapios de Monforte: 6.000,00 €

APA Laverde Ruiz: 5.662,80 €

ANPA Pedro Caselles Rollán: 1.159,40 €

ANPA CEIP Triacastela: 1.222,10 €

ANPA CEIP Veleiro Docampo: 4.404,40 €

ANPA CEIP Virxe do Monte: 1.232,00 €

Exit mobile version