Site icon Crónica3.com A Mariña

As festas de Fazouro o 24 e o 25 de xullo acollerán a IV Festa da Troita

Foz, 21 de xullo de 2016.-Os días 24 e 25 terán lugar en Fazouro as festas de Santiago. No programa destaca a celebración o domingo 24 da IV edición da festa gastronómica dedicada á troita.

A concelleira de Cultura, Silvia Blach, detalla que “este domingo 24 temos en Fazouro ás 13.30 horas misa na capela de San Salvador e procesión. Ás 20.00 horas imos ter a cuarta edición da Festa da Troita con racións a 3 euros con torreznos, troitas, patacas e pan. A partir das 21:00 horas empezará a verbena con Moraima e Poceiro”.

Silvia Blach engade que “o luns 25 seguimos en Fazouro coas festas, nesa capela imos ter ás 13.30 horas a misa da procesión e despois a sesión vermú coa orquestra Nostalgia, que repetirá a partir das 22.00 horas na verbena”.

A concelleira de Cultura de Foz conclúe dicindo que “ese mesmo día 25 a partir das 22.30 horas temos a proxección fotográfica Riquezas paisaxísticas e arquitectura histórica da Mariña de Lugo, acto que vai ser no Campo da Cabana, de Foz”.

Exit mobile version