O cupón presentado esta mañá na biblioteca do Pazo do Hórreo, sede do lexislativo, forma parte dunha serie temática que a ONCE dedica aos parlamentos das Comunidades Autónomas e asembleas lexislativas das cidades autónomas de Ceuta e Melilla. Cinco millóns e medio de cupóns da ONCE difundirán a imaxe da Cámara galega por toda España.
A presentación deste cupón correu a cargo do presidente presidente do Parlamento e do delegado territorial da ONCE en Galicia, Manuel Martínez Pan. Ademais na presentación tamén participaron oo secretario da Mesa, José Manuel Balseiro Orol e as vicepresidentas primeira e segunda da Mesa da Cámara, Marta Rodríguez Arias e Mª Soledad Soneira Tajes.