Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela acolle a presentación dunha curtametraxe da Asociación de afectados pola Cláusula Solo da Mariña

O vindeiro venres 15 de xullo presentarase a curtametraxe de afectados pola cláusula solo de A Mariña ás 20.30 horas no Salón de Conferencias do Concello de Burela.

A finalidade da curtametraxe pasar por visualizar e poñer cara á realidade das cláusulas solo e préstamos hipotecarios na comarca, circunstancia de especial relevancia sobre todo naquela xente nova que accede por primeira vez á vivenda. Os voceiros da Asociación de afectados pola Cláusula Solo da Mariña (ACSA) conclúen que “a única forma de sensibilizar á xente cunha problemática que afecta a 3,5 millóns de españois é poñerlle cara”.

ACSA xurde en agosto do ano 2014, inscribíndose no Rexistro Central de Asociacións de Galicia, baixo a idea dos avogados Juan Cruz Carretero Sánchez, Juan Ignacio Carretero e o cervense Pablo Álvarez Ramos, co fin de constituirse coma unha entidade de asesoramento a consumidores e usuarios, con especial interés no consumo bancario (cláusulas solo, preferentes, accións Bankia, SWAP, débeda subordinada…)

Facendo coincidir esta data coa inminente resolución do TXUE en relación coa retroactividade, ACSA convida a toda a veciñanza a participar neste acto.

Exit mobile version