Site icon Crónica3.com A Mariña

Cae co coche a un río de Lourenzá

Unha persoa quedou ferida ao precipitarse co seu vehículo a un río de Lourenzá. A saída de vía rexistrouse na estrada que vai do Zapateiro a San Adriano. Unha persoa particular chamou ao 112 Galicia ás 22.45 horas do venres para dar conta dos feitos.

Os profesionais do CAE 112 Galicia estableceron comunicación con Urxencias Médicas. Tamén pasaron o aviso aos Bombeiros de Barreiros, ao GES da Pontenova, a Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico. Os veciños da zona axudaron ao condutor a saír do vehículo. Así e todo, os efectivos do GES desprazáronse ao punto cun equipo de excarceración, que finalmente non tiveron que empregar.

Os Bombeiros, pola súa banda, retiraron de inmediato o coche sinistrado do río, xa que o vehículo estaba a perder aceite. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, a vertedura ao río foi de escasa consideración grazas á rápida actuación dos efectivos.

Exit mobile version