Site icon Crónica3.com A Mariña

Chega a Ribadeo a moto de Marc Márquez coa exposición Repsol Racing Tour

Ribadeo, 26 de xullo de 2016. Repsol Racing Tour chega a Ribadeo este mércores 27 de xullo. A exposición composta dun gran inchable e dunha plataforma museo coa moto de Marc Márquez e con simuladores poderase visitar na praza de España e no parque de San Francisco ata o domingo, 31 de xullo, en horario de 12.00 ata as 20.00 horas.

Segundo explican desde a Concellaría de Deportes “os organizadores son os mesmos que o ano pasado trouxeron co Banco Santander o Ferrari de Fernando Alonso. Nesa ocasión quedaron moi contentos coa acollida da exposición, xa que foi visitada en 3 días por máis de 10.000 persoas. Por ese motivo decidiron volver a Ribadeo e aumentar o número de días que estarán aquí”.

O acceso á exposición é gratuíto.

Exit mobile version